Xornada de presentación de novas APS en ASPABER por parte do alumnado da Universidade de Santiago de Compostela
11 de decembro de 2025 - Do sector
Onte tivo lugar a presentación e entrega de máis de 15 recursos didácticos adaptados, elaborados polo alumnado dos graos de Pedagoxía e Maxisterio en Educación Infantil e Primaria da Universidade de Santiago de Compostela.
Este encontro forma parte do programa de colaboración que ASPABER e a USC desenvolven dende hai anos a través das APS — Aprendizaxe e Servizo, unha metodoloxía que combina inclusión, innovación e aprendizaxe real en contextos significativos.
O material creado está pensado para todos os usuarios e usuarias de ASPABER e para o alumnado do CRA Ponte da Pedra, con especial atención ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Traballáronse temas como as emocións, as rutinas diarias, a preparación para consultas médicas e outros aspectos clave do día a día.
No acto, celebrado nas instalacións da Brea, contamos coa presenza de:
- Daniel Pérez, alcalde do Concello de Carballo, e Maika Ures, concelleira de Servizos Sociais
- Profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da USC
- Representantes do CRA Ponte da Pedra
- Alumnado de Maxisterio e Pedagoxía
- Membros da Xunta Directiva
- Usuarios e usuarias de ASPABER
Todas as persoas participantes coincidiron en destacar o valor desta experiencia, que responde ás necesidades reais das persoas e ao mesmo tempo enriquece a formación académica do alumnado grazas ao deseño de materiais útiles, adaptados e inclusivos.
Unha vez máis, grazas á USC por facer posible un proxecto que suma, transforma e deixa pegada!
Ligazóns
- Publicación Facebook [CONCELLO DE CARBALLO]
- Alumnado de la Universidade de Santiago presenta nuevos recursos didácticos para Aspaber [DIARIO DE BERGANTIÑOS]
- Aspaber e o CRA Ponte da Pedra estrean as APPs educativas e inclusivas feitas polo alumnado da USC (QUE PASA NA COSTA)
- A USC crea quince recursos didácticos adaptados para usuarios de Aspaber [EL CORREO GALLEGO]
- La colaboración entre Aspaber y USC cristaliza en nuevos recursos didácticos [LA VOZ DE GALICIA]
- Estudiantes de Ciencias de la Educación entregan a Aspaber nuevos materiales didácticos accesibles diseñados para personas con TEA [DIARIO DE SANTIAGO]

