Xuntanza das Asociacións de Carballo
16 de novembro de 2008 - Dos programas
O Sábado 15 de Novembro celebrouse en Aspaber a 1ª Xuntanza de Asociacións de Carballo.
As Xornadas contaron cunha importante participación de Entidades. 35 Colectivos estiveron presentes no encontro que foi presidido polo Alcalde Evencio Ferrero e a Concelleira de Cultura Belén Lendoiro.
Durante a reunión e tras a exposición do proxecto de traballo conxunto presentada por Cruz Vermella, tratouse de establecer unha liña de traballo conxunta que impulse os proxectos individuais e colectivos das Asociacións. Dito traballo foi coordinado por Jorge Guerrero, profesor de recursos humáns e experto en asociacionismo.
No mes de Febreiro terá lugar en Berdillo unha nova xuntanza que terá o obxectivo de organizar a primeira actividade conxunta das Entidades.
Por outra banda o servizo de Ocio de Aspaber presentou a súa revista trimestral e esta páxina web. Ofertouse con ela, ás agrupacións presentes, a posibilidade de incluir na páxina unha sección que facilitase a difusión das súas actividades, proxectos e traballos.
NOTAS DE PRENSA:
Trinta asociacións da área de Carballo deseñan un plan de traballo conxunto
Creo que a unión favorécenos e, por iso, ten que chegar a todo ou mundo
As sociedades máis grandes temos que tirar agora das que son máis pequenas
A verdade é que temos potencial cultural, social e, sobre todo, de infrestruturas
Os grupos terán unha páxina para anunciar as súas actividades
Os colectivos reuniranse o 7 de febreiro en Berdillo