Trinta asociacións da área de Carballo diseñan un plan de traballo conxunto
16 de novembro de 2008 - Do sector
O movemento social carballés deuse cita onte na sede da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), en Carballo. En total, participaron trinta entidades da zona que impulsaron o traballo conxunto e planificaron líneas de acción. «Temos a sensación de que estamos empezando a tecer unha rede social de traballo, que vai ser moi positiva para o Concello. Ademais, estes encontros fan que os membros dos colectivos se coñezan persoalmente e intercambien ideas», explicaba onte a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, que estivo xunto ao alcalde carballés, Evencio Ferrero.