ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Fene podría importar o modelo de limpeza viaria de Carballo

19 de abril de 2008   -    Novas

En maio do 2004, a UTE Aspaber SL converteuse na primeira empresa das súas características no territorio español que conseguiu unha concesión para un servizo municipal de limpieza viaria mediante un concurso público. A súa singularidade é que a plantilla está integrada por personas con discapacidade intelectual formadas no centro especial de emprego de A Brea.+

Pero ese modelo, no que o Concello carballés foi pioneiro, podría extenderse tamén ao municipio de Fene, cuio alcalde, Iván Puentes, e o concelleiro de Organización, Persoal e Emprego, Antón Noceda, se desplazaron onte á capital de Bergantiños acompañados por un técnico da Fundación Geprodis, promotora da iniciativa.

A visita comenzóu cunha recepción na alcaldía, na que Iván Puentes, que se incorporóu un pouco máis tarde que o resto da comitiva, firmóu no Libro de Honra. A continuación tiveron a oportunidade de ver en acción a algúns dos traballadores de Aspaber, e despois desplazaronse tanto á sede da empresa de limpieza como ao centro especial de A Brea, no que se levanron a cabo moitas outras actividades formativas.

A directora de Aspaber, Dolores Fernández, ofreciu toda a colaboración da UTE para levar o modelo carballés «alí onde nos chamen». A visita a Carballo enmarcase, según explicóu Antón Noceda, no programa de promoción do emprego posto en marcha polo Concello de Fene neste mandato. «Ferrolterra -dixo- é unha comarca especialmente atacada polo desemprego, por tanto, todas as iniciativas que se poidan desenvolver dende o Concello son unha prioridade».

A Fundación G-prodis, de recente creación, inicióu o contacto co Concello de Fene co obxetivo de dar un paso na inserción laboral das persoas con discapacidades intelectuais. «Para crear emprego para un colectivo tan difícil tiñamos que basearnos nas boas experiencias, e a de Aspaber en Carballo non se pode pasar por alto», indicóu o técnico.

O alcalde carballés, Evencio Ferrero, reiteróu onte que a decisión tomada fai catro anos representa o seu principal motivo de orgullo, «porque simboliza todo. Simboliza como hai que actuar sobre o medio atendendo ás demandas dos veciños, como esa sensibilidade dos veciños é perfectamente atendida por parte dunha empresa, como se fan as relacións entre unha Administración e unha empresa adxudicataria dun servizo e como tamén esa empresa é merecedora do recoñecemento da sociedade». Na súa opinión, o traballo de Aspaber UTE é «un exemplo de como dende a Administración temos que contribuír á integración dos cidadáns».