ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantińos

A integración real chámase Jesús e é ordenanza da ITV de Zas

3 de agosto de 2015   -    Do sector

Lucía, Guillermo e Jesús son usuarios do Centro Ocupacional que grazas a implicación de empresas como a firma Supervisión y Control S.A. que xestiona as estacións da ITV, é posible que a integración laboral se faga realidade.

No mes de maio a empresa Supervisión y Control S.A., que xestiona a estación da ITV, en colaboración coa Federación Fademga fixo unha selección de candidatos para participar nun proceso de formación e posterior elección dun candidato para un posto de traballo en dita empresa.

Estivéronse formando durante 51 días, empezando o 11 de maio e rematando o 30 de xuño 2015, e finalmente Jesús Allo Vidal foi o candidato seleccionado que pasa a formar parte das 18 persoas con discapacidade intelectual que forman parte da plantilla de Supervisión y Control S.A., que conta con 450 empleados e que é pioneira en desenvolver unha experiencia deste tipo con máis de 12 anos de andadura favorecendo a integración laboral das persoas que o teñen especialmente difícil para lograr un posto de traballo.

Jesús Allo exerce desde fai un mes como ordenanza na estación da ITV de Zas, traballa de luns a venres de 9:30 a 13:30 e compaxina as tarefas de limpeza, o troquelado de pegatinas, levando a documentación e expedientes á oficina con outras tarefas auxiliares.

Dende Aspaber queremos felicitar á firma Supervisión y Control S.A. por contar cos usuarios da nosa Organización, así como todo o traballo de formación levado a cabo pola nosa Federación Fademga. A nosa máis cordial enhoraboa a Suso Allo sen esquecernos de Lucía e Guillermo, candidatos que tamén optaron ao posto e que ainda que desta vez non puido ser confiamos en ter de novo outra oportunidade.


Imaxes