16 de xaneiro de 2020

A limpeza dos edificios públicos de Carballo, os palés da refinería coruñesa de Repsol, as molduras de xeso das tendas de Carolina Herrera ou a reparación dos contedores de Isidro de la Cal son só algúns do

Nova publicada por Cristina Viu (La Voz de Galicia – CARBALLO -  09/01/2020)

“ O obxectivo do centro especial de emprego de Carballo é ofrecer un soldo digno e estabilidade laboral a discapacitados intelectuais de Bergantiños


A limpeza dos edificios públicos de Carballo, os palés da refinería coruñesa de Repsol, as molduras de xeso das tendas de Carolina Herrera ou a reparación dos contedores de Isidro de la Cal son só algúns dos traballos dos que se ocupan os ahora 64 empregados do centro especial de emprego de Aspaber, que acaba de cumplir vinte anos, polos máis de 40 que ten a institución que o acolle, unha asociación de pais de adultos con discapacidade intelectual da comarca de Bergantiños.

Aspaber facturou no 2018 un total de 744.911 euros, pero a directora, María Dolores Fernández, valora non só a cantidade de traballadores, senón a estabilidade do emprego e incluso o feito de que dende o 2000 perderan operarios en favor de empresas convencionais e, sobre todo, a confianza das compañías ás que prestan servizos, dende pequenos concellos ata multinacionais.

Entre servizos e obradoiros móvese este centro de emprego o que fai apenas dúas semanas sumáronse dez traballadores máis procedentes da formación dual, un dos proxectos educativos de Aspaber para este ano, que se completa cun programa europeo para conseguir que os alumnos con discapacidade intelectual consigan algún tipo de titulación.

A concesión da limpeza viaria en Carballo, Malpica e A Laracha, obtida en concurso público, é un dos principais sustentos do centro especial de emprego. Ocupa a trinta persoas, ás que hai que engadir outras 19 do mantemento de edificios públicos que ganaron tamén en Carballo.

Nos obradoiros o habitual é traballar por encargo, nas modalidades de escaiola, carpintería e manipulados, as tres especialidades que manteñen dende fai 20 anos. Aí sí xoga a confianza das empresas e nese campo sí teñen unha estabilidade envidiable, basada na confianza.

Pero nada é eterno. Hai moita competencia e manter aos clientes é, en ocasións, complicado, polo que convén renovarse. Así o fixeron en Aspaber coa posta en marcha dun obradoiro de soldadura de polipropileno, no que traballan para compañías que utilizan contedores deste material como Serval ou Isidro de la Cal. Agora queren ir máis aló da simple reparación dos depósitos de plástico e embarcáronse nun proxecto de economía circular para recuperar o fío co que facer as soldaduras. Reciclar o plástico e reparar antes que tirar converteunos en titáns do medio ambiente e a súa proposta quedou finalista nos premios da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica, nos que participaban proxectos de toda España.

Tamén ten unha iniciativa coas cofrarías de pescadores e realizan encargos incluso para empresas de lecer activo, porque o polipropileno tamén é o material do que están feitos os kayaks.

En carpintería, o traballo principal é a fabricación de palés para grandes empresas como Repsol ou Calvo, pero tamén a reparación de mobiliario urbano en Carballo, xa que a actividade forma parte da concesión de limpeza urbana.

O obradoiro de escaiola céntrase na demanda das tendas de Carolina Herrera, pero o de manipulados ten máis clientes e de procedencia máis variada, dende Saika Pack de Cerceda, que se dedica ao cartonaxe para o embotellado de viño, ata La Voz de Galicia, para a que fixeron, entre outros, os envíos de Voz Natura para os centros educativos.”