Xornada de presentación e intercambio do programa de FP Dual Adaptada para persoas con discapacidade intelectual
O grupo de FP DUAL de ASPABER asistiu o pasado venres, día 29 de novembro á xornada de presentación da segunda edición do Programa de Formación Profesional Dual Adaptada para persoas con discapacidade intelectual. O evento celebrouse no Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán) e estivo organizado pola patronal IN-RED (Asociación Empresarial Galega de Entidades No Lucrativas da Discapacidade), en colaboración con outros 5 centros especiais de emprego beneficiarios do Programa: JUAN MARÍA SIN ETIQUETAS S.L. (Nigrán), LUME ACEESCA S.L. (O Porriño), XEREMPREGA/SAN XERÓNIMO EMILIANI S.L. (A Guarda), FUNDACIÓN JUAN XXIII (Pontevedra) y SERVINSERTA S.L. (Boiro).
Ler máis »O servizo de limpeza viaria de Carballo recibe o premio “Escoba de Oro” en Madrid
A Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente (Ategrus), entregrou a pasada semana en Madrid o premio “Escoba de Oro” ó servizo de limpeza viaria do Concello de Carballo, que dende fai anos realiza o Centro Especial de Emprego ASPABER polas rúas da comarca de Bergantiños.
Ler máis »A FP Dual Adaptada impartida en ASPABER estivo presente na II Feira de Emprego e a Formación “Sinerxias”
Por segundo ano consecutivo, e grazas á invitación da comunidade de propietarios do Poligono de Carballo, profesores/as e alumnos/as da FP Dual Adaptada de ASPABER participaron na II Feira de Emprego "Sinerxias | Empresa, emprego e territorio", un espazo de encontro entre centros de formación, empresas e demandantes de emprego, no que asistiron entorno a 25 entidades relacionadas co mundo laboral.
Ler máis »ASPABER participa no proxecto Dual-AD financiado polo programa Erasmus+ da UE
Durante 5 días entorno a unhas 50 persoas entre formadores, aprendices con discapacidade intelectual e persoal de apoio, estiveron na Fundación Sment (Mallorca) para participar no proxecto europeo Dual-AD.
Ler máis »O CEE ASPABER asina o contrato de concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo por 10 anos
Hoxe tivo lugar a sinatura do contrato de prestación de servizos de limpeza viaria que foi adxudicada o Centro Especial de Emprego Aspaber S.L.
O orzamento do contrato é de: 555.865,57 euros anuais.
Duración do contrato: 10 anos.
Nº de traballadores empregados: 27.
Comeza unha nova promoción de FP Dual Adaptada en ASPABER
Dende este ano estase a formar en ASPABER ós alumnos do 2º proxecto 2024-2027 da “FP Dual Adaptada para persoas con Discapacidade Intelectual”, no perfil de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”.
Ler máis »A Asociación ASPABER aposta pola Formación Dual Adaptada para persoas con capacidades diferentes
ASPABER está levando a cabo o proceso de selección, para ocupar 10 prazas, destinadas a participar no novo curso 2023-2026 de formación dual para persoas con diversidade intelectual, no perfil de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”.
Ler máis »A Xunta pon en valor en Mallorca o programa de formación dual co que está a mellorar as oportunidades laborais das persoas con discapacidade
Nota de prensa publicada pola XUNTA DE GALICIA
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou en Palma de Mallorca nunha xornada de intercambio organizada pola Fundación Amadip-Esment e a patronal da discapacidade FoQUA
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe en Palma de Mallorca nunha xornada de intercambio de experiencias sobre emprego inclusivo, na que puxo en valor o programa galego trianual de formación dual dirixido a persoas con discapacidade intelectual ao que a Xunta destinará este 2023 medio millón de euros.
ASPABER en Mallorca para falar de concertación social para o emprego
A Xerente da asociación ASPABER, Dolores Fernández García, participa este venres en Palma de Mallorca nunha mesa redonda titulada “A concertación dos servizos de orientación laboral: o camiño da colaboración público-privada”. A mesa celébrase no marco da xornada de presentación do Concerto dos servizos de orientación laboral no ámbito do Terceiro sector de acción social, que organiza o Goberno autonómico das Illas Baleares. Fernández García asistirá ao evento en calidade de Presidenta de IN-RED: Asociación empresarial galega de entidades non lucrativas da discapacidade.
Ler máis »Santiago debate sobre FP Dual adaptada e inserción laboral de persoas con discapacidade
Nota de prensa publicada por IN-RED Galicia.
A xornada foi organizada por IN-RED, asociación empresarial galega da discapacidade.
O edificio CERSIA Empresa de Santiago de Compostela foi onte o escenario da xornada “Para un novo modelo de inserción laboral basado na FP Dual Adaptada nos Centros especiais de emprego de iniciativa social”, organizada pola patronal galega da discapacidade IN-RED co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia. O evento enmarcase no programa de iniciativas para celebrar Santiago como capital española da economía social para o 2022.
ASPABER visibiliza a economía social na I Feira de Emprego e a Formación celebrada no Polígono Industrial de Carballo
Durante a xornada de onte no Centro Social de Bértoa tivo lugar a I Feira de Emprego e a Formación, organizada pola comunidade de propietarios do Polígono Empresarial de Carballo co patrocinio do Concello de Carballo, na que ASPABER xunto a outras empresas de diferentes sectores tratou de fomentar o emprego e amosar a capacitación das persoas a través da formación.
Ler máis »O CEE ASPABER gana de novo o contrato de limpeza viaria do Concello da Laracha
A directora do Centro Especial de Emprego ASPABER, Dolores Fernández, acompañada do presidente da entidade, Rufino Fraga reuniuse no día de onte co alcalde da Laracha José Manuel López Varela e membros da súa corporación para asinar o novo contrato de limpeza viaria por un período de catro anos, prorrogables por outros dous.
Ler máis »- 1
- 2
- 3
- 4
- Seguinte »