25 de marzo de 2021

O CEE ASPABER adhírese ao Pacto Mundial das Nacións Unidas

No 2015 a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos.

A Axenda conta con 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, tamén coñecidos como Obxectivos Mundiais e son un chamado universal á adopción de medidas para poñer fin á pobreza, ó cambio climático, a desigualdade económica, e potenciar a innovación, o consumo sostible, a paz e a xustiza, entre outras.

Aspaber quere contribuir dende unha nova proposta en donde a medición do rendemento da organización non se centre no valor xerado pola mesma para os propietarios, e que os indicadores sexan únicamente de carácter financeiro.

Dende unha nova perspectiva, a sostibilidade, podemos considerar un conxunto ampliado de valor, o que denominamos valor social, por reflectir o valor que unha determinada entidade xera cara o conxunto da sociedade.


Con esta adhesión, que se realizou de forma conxunta con outras 12 entidades sociais membros de IN-RED e ADISLAN (Asociación de persoas con discapacidade de Lanzarote), ASPABER comprométese a apoiar os Dez Principios do Pacto Mundial en materia de dereitos humanos, medio ambiente, dereitos laborais e loita contra a corrupción.

Dende decembro de 2020, as 13 Entidades formamos o Grupo Operativo Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (GoODS) que ten por obxectivo xerar Redes e Alianzas, utilizando o marco universal de acción común que nos proporcionan os ODS para guiar as nosas contribucións tanto individuais como de grupo.


Ligazóns

Descargas