7 de xuño de 2021
Nova publicada por La Voz de Galicia – CARBALLO - 05/06/2021.
Os excrementos dos cans, motivo dunha nova campaña polo Día Mundial do Medio Ambiente.
Se o teu can pode presumir de ti, todos poderemos presumir de Carballo. Esta, cargada de significado, é a mensaxe final do spot que a compañía Galeatro articulou para a nova campaña medioambiental impulsada polo Concello de Carballo e presentada este sábado, Día Mundial do Medio Ambiente. Despois da sensibilización xa sobre colillas, pipas ou máscaras, como lembrou o edil Miguel Vales, este ano o tema é a necesaria recollida dos excrementos dos cans por parte dos seus propietarios. A súa presenza en beirarúas e zonas verdes (de aí o título do spot e lema da campaña, Non máis minas pola rúa) é un dos principais problemas do servicio de limpieza viaria e da brigada de xardíns.
Así, dando continuidade a unha iniciativa do 2019, cando xa se repartiron mil dispensadores de bolsas con forma de óso, agotados nuns días, o que se presentou onte son unhas papeleiras especiais que inclúen precisamente dispensador de bolsas. Tan fáciles de usar que foi un neno o que demostrou cómo se facía. «Queremos que Carballo sexa referencia en limpeza de rúas», dixo Vales: para iso é preciso «colaboración cidadá».
O acto, que incluiu a proxección do spot e unha película de temática ambiental que congregou a uns 40 pequenos e a uns 25 pais, realizouse nunha zona verde da urbanización de Riotorto. ¿Por qué alí? Porque se detectaron 16 puntos negros de presenza de excrementos e éste é un deles. En cada un instalarase esta papeleira. «Detrás dos servizos públicos hai persoas. Carballo non se limpa só», dixo o alcalde, Evencio Ferrero, quen expuxo ademáis que nesta urbanización construiráse un novo parque canino.
Precisamente dous representantes de Aspaber explicaron aos nenos os problemas que supoñen encontrarse nas rúas minadas: desde o mal cheiro a cómo hai que tratar despois as basoiras. Os nenos, ademáis desta clara mensaxe, que os convertirá en axentes medioambientais, leváronse á casa un detalle: mochila, gorra, lapiceiro e piruleta, todo co logo de Eu Quero a Carballo.