26 de outubro de 2022
Nota de prensa publicada por IN-RED Galicia
A xornada foi organizada por IN-RED, asociación empresarial galega da discapacidade
O edificio CERSIA Empresa de Santiago de Compostela foi onte o escenario da xornada “Para un novo modelo de inserción laboral basado na FP Dual Adaptada nos Centros especiais de emprego de iniciativa social”, organizada pola patronal galega da discapacidade IN-RED co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia. O evento enmarcase no programa de iniciativas para celebrar Santiago como capital española da economía social para o 2022.
A xornada tiña o obxetivo de presentar as experiencias de formación profesional dual adaptada a persoas con discapacidade, que se están levando a cabo en 4 centros especiais de emprego sen ánimo de lucro asociados a IN-RED: ACEESCA EMPREGO de Porriño, ASPABER S.L. de Carballo, JUAN MARÍA EMPREGO de Nigrán e SAN XEROME EMILIANI de A Guarda.
Trátase dun modelo basado na alternancia entre formación e traballo real no centro especial de emprego, cuxa duración e contidos foron adaptados para facilitar a aprendizaxe de persoas con discapacidade e especiais dificultades. Despois dun itinerario de 3 anos, os aprendices reciben un certificado de profesionalidade de nivel básico, que lles permite acreditar as súas capacidades e habilidades no mercado laboral.
Ao longo do itinerario, os aprendices beneficianse de formación técnica e para o desenvolvemento das súas habilidades sociais e persoais. Ademáis, reciben o apoio de orientadores laborais e persoal de apoio do centro especial de emprego, que facilita a súa adaptación ao mercado laboral e o seu desenvolvemento profesional.
Xunto con Baleares, donde se lanzou a primeira iniciativa de FP Dual Adaptada en 2015, Galicia é a outra Comunidade Autónoma na que se está implementando a FP Dual Adaptada en España. Dende o 2019, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia financia con 3 Millóns de € a realización de 6 proxectos pilotos en tres ámbitos sectoriais: limpeza, xardinería e comercio.
A xornada tiña o obxetivo de presentar as experiencias de formación profesional dual adaptada a persoas con discapacidade, que se están levando a cabo en 4 centros especiais de emprego sen ánimo de lucro asociados a IN-RED: ACEESCA EMPREGO de Porriño, ASPABER S.L. de Carballo, JUAN MARÍA EMPREGO de Nigrán e SAN XEROME EMILIANI de A Guarda. Trátase dun modelo basado na alternancia entre formación e traballo real no centro especial de emprego, cuxa duración e contidos foron adaptados para facilitar a aprendizaxe de persoas con discapacidade e especiais dificultades. Despois dun itinerario de 3 anos, os aprendices reciben un certificado de profesionalidade de nivel básico, que lles permite acreditar as súas capacidades e habilidades no mercado laboral.
Na primeira parte da xornada, Fernando Rey-Maquieira, xerente da Fundación AMADIP-ESMENT das Illas Baleares, e Lola Fernández García, xerente de ASPABER S.L., explicaron cál é a innovación que está á base do modelo de FP Dual Adaptada e a qué necesidades responde. A continuación, representantes dos aprendices e do persoal formador e de apoio dos cuatro centros especiais de emprego galegos presentaron beneficios e retos que implica a implementación do modelo.
A segunda parte do evento estivo caracterizada pola mesa redonda “Do centro especial de emprego á empresa ordinaria: cómo damos o salto?”, donde se debatiu de cómo a FP Dual Adaptada pode ser unha ferramenta fundamental para reforzar un dos roles que a lei asigna aos centros especiais de emprego, como lugares para facilitar o tránsito das persoas con discapacidade á empresa ordinaria. Animaron la mesa Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia; Juan González Pérez, alcalde del Concello de Nigrán; Pablo Rodríguez Gómez, Xerente do Polígono empresarial de Carballo; Teles Currás Abal, do sindicato UGT-Galicia Servicios Públicos e Pueyo Pons Esther, responsable do Departamento xurídico de AMADIP-ESMENT.
Asistiron á xornada tamén os alcaldes dos concellos de Carballo e O Rosal, o presidente do Foro da Economía Social de Galicia-FOROESGAL e representantes de asociacións empresariais, como AGAEXAR (Asociación galega de Empresas de Xardinería), a Federación Galega de Parques Empresariais e a patronal de centros especiais de emprego ASPAIS.