17 de novembro de 2023
ASPABER está levando a cabo o proceso de selección, para ocupar 10 prazas, destinadas a participar no novo curso 2023-2026 de formación dual para persoas con diversidade intelectual, no perfil de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”
A Asociación ASPABER, a través do seu Centro Especial de Emprego, busca a cualificación profesional das persoas traballadoras con diversidade intelectual, nun réxime de alternancia da actividade laboral no Centro Especial de Emprego coa formación recibida no marco do sistema de Formación Profesional.
A través deste programa os alumnos/as recibirán formación teórico-práctica, cun contrato de traballo a media xornada. Ó finalizar o curso os aprendices recibirán o seu respectivo certificado de profesionalidade de nivel 1 (CP1-básico). Un certificado que lle permitirá acceder e promocionar a outros cursos de nivel superior e os dotará dunha maior capacitación para posibilitar unha inserción laboral.
A metodoloxía que se aplica nesta iniciativa formativa de “Aprender a facer facendo”, facilita a adquisición de coñecementos, potenciando as capacidades e destrezas a nivel individual, adaptando os apoios e respetando o ritmo de aprendizaxe en función das características persoais de cada aprendiz.
Por iso dende ASPABER queremos continuar con esta aposta de futuro, porque cremos que a diversidade enriquécenos e suma capacidades.
As persoas interesadas en recibir esta formación, e que teñan un grado de discapacidade intelectual igual ou superior ó 33%, poden recibir máis información chamando ó teléfono 981 702 606 ou escribindo á dirección de correo electrónico: aspaber@aspaber.com
Ligazóns
- Aspaber seleccionará diez personas para participar en Formación Dual Adaptada - [DIARIO DE BERGANTIÑOS]
- Aspaber busca alumnos para un nuevo curso de formación dual - [LA VOZ DE GALICIA]
- A Asociación Aspaber aposta pola formación dual adaptada para persoas con capacidades diferentes - [CONCELLO DE CARBALLO]