10 de abril de 2024

O CEE ASPABER asina o contrato de concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo por 10 anos Sinatura do novo contrato no Concello de Carballo

Hoxe tivo lugar a sinatura do contrato de prestación de servizos de limpeza viaria que foi adxudicada o Centro Especial de Emprego Aspaber S.L.

O orzamento do contrato é de: 555.865,57 euros anuais

Duración do contrato: 10 anos

Nº de traballadores empregados: 27

Medios técnicos:

A destacar do equipamento marcado polo contrato a incorporación de dous vehículos eléctricos multiusos así como triciclos eléctricos que axudarán na tarefa de percorridos máis longos, ademáis dunha decapadora que axudará no fregado das superficies amplías.

Ademáis inclúese un programa de accesibilidade para os traballadores, que lles axudará na realización das rutas establecidas.

O Centro Especial de Emprego ASPABER S.L. leva prestando este servizo desde o ano 2004 e na modalidade de contrato reservado de emprego dende o ano 2008.

A destacar que unha gran parte dos traballadores levan desde o comezo no servizo, o que lles vai a permitir tamén a moitos deles con esta nova ampliación acceder a unha xubilación.

Desde ASPABER queremos destacar o compromiso e a aposta do Concello de Carballo pola contratación reservada aos centros especiais de emprego, en especial a aqueles que, como ASPABER, empregan a persoal con especiais dificultades de inserción no mercado laboral. Agardamos que cada vez máis Administracións Públicas aposten por unha modalidade de contratación que dea prioridade ás entidades que traballan con transparencia e dedicación pola inserción socio-laboral das persoas máis vulnerables.


Ligazóns

Imaxes