24 de abril de 2024

ASPABER participa no proxecto Dual-AD financiado polo programa Erasmus+ da UE Participantes do proxecto Dual-AD na Fundación Sment

Durante 5 días entorno a unhas 50 persoas entre formadores, aprendices con discapacidade intelectual e persoal de apoio, estiveron na Fundación Sment (Mallorca) para participar no proxecto europeo Dual-AD.

Xunto coas Illas Baleares, Galicia é pioneira nesta metodoloxía que está implementando desde o ano 2019 en cinco Centros Especiais de Emprego asociados a In-Red Galicia co apoio da Xunta de Galicia. O proxecto Dual-AD financiado polo programa Erasmus+ permitiu compartir e intercambiar experiencias, así como coñecementos entre todos os participantes, para transferilos principalmente a nivel europeo a outros paises como: Bélxica, Finlandia, Italia, Luxemburgo e Romanía.

Un dos obxectivos desenvolvidos nesta exitosa experiencia durante estas xornadas está relacinado coa mellora da tecnoloxía e a xestión da Formacion Dual Adaptada e a adquisición de ferramentas destinadas a favorecer un modelo interactivo e útil á hora de conseguir melloras nos resultados.


Ligazóns

Imaxes