25 de abril de 2024
Por segundo ano consecutivo, e grazas á invitación da comunidade de propietarios do Poligono de Carballo, profesores/as e alumnos/as da FP Dual Adaptada de ASPABER participaron na II Feira de Emprego "Sinerxias | Empresa, emprego e territorio", un espazo de encontro entre centros de formación, empresas e demandantes de emprego, no que asistiron entorno a 25 entidades relacionadas co mundo laboral.
ASPABER expuxo no seu stand a Formación Dual Adaptada para persoas con Discapacidade Intelectual, no perfil de “limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”, unha formación de tres anos que xa vai pola segunda promoción de alumnos/as.
Dentro do programa de charlas e mesas redondas que se desenvolveron durante a xordana, un alumno da FP Dual de ASPABER Guillermo Varela, puido compartir experiencias e vivencias con outros alumnos/as doutros centros de formación. Tamén foi entrevistado en Radio Nordés (cadena SER).
ASPABER como entidade que promove a inserción, o emprego e a capacitación das persoas que atende, "sentímonos moi orgullosos/as de observar como un dos nosos aprendices da FP Dual conseguiu promocionar a un emprego ordinario e ben a ser un referente, que demostra que con esforzo e constancia, conséguense metas".
Ligazóns
Audios
- Entrevista a Guillermo Varela en Radio Nordés [CADENA SER]