26 de xuño de 2024

A Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente (Ategrus), entregrou a pasada semana en Madrid o premio “Escoba de Oro” ó servizo de limpeza viaria do Concello de Carballo, que dende fai anos realiza o Centro Especial de Emprego ASPABER polas rúas da comarca de Bergantiños.

O acto de entrega, que tivo lugar na feira internacional de urbanismo e medio ambiente TECMA 2024 dentro do V Foro Medio Ambiente e Sustentabilidade, asistiu o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Carballo Miguel Vales, que estivo acompañado por José Antonio Silván, Dolores Fernández e José Manuel Castro Tato, en representación de ASPABER.

“O xurado valorou moi especialmente o feito de que se preste o servizo a través de persoas con discapacidade psíquica, o que contribúe non só a ter unhas rúas máis limpas senón tamén unha poboación máis concienciada», sinalan dende o concello.

Este galardón “supón un paso máis de cara a acadar a máxima excelencia na prestación de servizos que, como é o caso da limpeza viaria, axudan a mellorar a calidade de vida dos carballeses e as carballesas, ademais de reforzar o noso compromiso social”, indicaba o concelleiro de Medio Ambiente Marcos Vales.


Ligazóns

Imaxes