2 de decembro de 2024

Xornada de presentación e intercambio do programa de FP Dual Adaptada para persoas con discapacidade intelectual

O grupo de FP DUAL de ASPABER asistiu o pasado venres, día 29 de novembro á xornada de presentación da segunda edición do Programa de Formación Profesional Dual Adaptada para persoas con discapacidade intelectual. O evento celebrouse no Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán) e estivo organizado pola patronal IN-RED (Asociación Empresarial Galega de Entidades No Lucrativas da Discapacidade), en colaboración con outros 5 centros especiais de emprego beneficiarios do Programa: JUAN MARÍA SIN ETIQUETAS S.L. (Nigrán), LUME ACEESCA S.L. (O Porriño), XEREMPREGA/SAN XERÓNIMO EMILIANI S.L. (A Guarda), FUNDACIÓN JUAN XXIII (Pontevedra) y SERVINSERTA S.L. (Boiro).

Interviron na xornada Marta Mariño Regueiro, Directora Xeneral de Traballo autónomo e Economía social da Xunta de Galicia, e Juan González Pérez, Alcalde de Nigrán. Ademáis, asistiron o Director Territorial de Pontevedra da Consellería de Emprego e representantes dos concellos de A Guarda, Baiona, Gondomar e O Rosal.


Xornada de presentación e intercambio do programa de FP Dual Adaptada para persoas con discapacidade intelectual

O Programa de FP Dual Adaptada, que se implementará no período 2024-2027 coa financiación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, inclúe 9 itinerarios de formación para persoas con discapacidade nos sectores do comercio, da hostalaría, da xardinería, da xestión forestal e da limpeza. Trátase dun modelo basado na alternancia entre formación e traballo real no centro especial de emprego, na que a duración e os contidos están adaptados para facilitar a aprendizaxe das persoas con discapacidade intelectual. Ó final do itinerario, as 90 persoas participantes recibirán un certificado de profesionalidade oficial, que acredite os seus coñecementos e habilidades para a súa inserción no mercado laboral. Galicia e as Illas Baleares son as dúas Comunidades Autónomas pioneiras, nas que se está implementando este modelo innovador en España.

O evento foi unha oportunidade de encontro entre os equipos de profesionais e aprendices que están participando no Programa, para reforzar lazos e favorecer a colaboración e o intercambio de coñecementos. Ademáis, no cadro da xornada, presentáronse os resultados do proxecto europeo “DUAL-Ad” (https://dual-ad.eu/), que ten a finalidade de transferir a metodoloxía da FP Dual Adaptada a outras rexións da Unión Europea.


Ligazóns

Descargas

Imaxes