5 de febreiro de 2013
Nas últimas semanas vense de poñer en marcha un novo plan de limpeza por parte do programa Carballo Limpo dentro do cal están a intervir tanto a concesionaria da limpeza viaria Aspaber -UTE como a da recollida do lixo Urbaser UTE Carballo. Este traballo, que está sendo coordinado desde ás áreas de Servizos e Medio Ambiente do Concello que dirixen Luís Lamas e Marcos Trigo, está a complementar os labores habituais das concesionarias. Por parte de Aspaber, estanse a realizar lavados a presión das beirarrúas do casco urbano nas que hai acumulación de mofo e suciedade, téndose xa realizado accións no barrio da Milagrosa, rúa Montevideo, Vázquez de Parga, fonte da rúa do Sol e rúa Cervantes, labor que se alongará nos vindeiros días.