8 de marzo de 2013
O presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade visita Carballo
Durante toda a xornada estivo na bisbarra o presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), Luis Cayo Pérez Bueno, invitado por Aspaber. A entidade carballesa pretende potenciar o seu centro especial de emprego e, sobre todo, o seu papel como empresa de economía social, e para iso organizou unha reunión de traballo con auténticos expertos. Tamén participaron varios cargos da Fundación Carlos Martín e representantes doutras entidades galegas de discapacitados.