23 de febreiro de 2010
O director xeral de GALOPÍN, José Manuel Iglesias Vilas, guiou unha visita á sede empresarial para mostrar o proxecto de hipoterapia e o proceso de deseño e fabricación de parques infantís basados na accesibilidade e na integración.
Dúas directivas do Comité Paralímpico Internacional solicitaron a colaboración e asesoría de GALOPÍN para a instalación de parques infantís adaptados nas sedes donde realizan actividades deportivas con persoas con diversidade funcional tras unha visita realizada á sede da empresa en Cerceda, na que tamén participou o Xefe da Unidade de Atención Temperá e Rehabilitación Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, o doutor Francisco J. Cairo.
O director xeral de GALOPÍN, José Manuel Iglesias Vilas, mostróu a Sylvana Mestre, responsable de Esquí Alpino do Comité Paralímpico Internacional e Directora Técnica de Esquí Alpino da Federación Española de Deportes para Cegos, e a Mariona Masdemont, responsable de Deportes de Inverno da Fundación Johan Cruyff e da Área de Discapacitados da Estación de Esquí La Molina, a evolución dun grupo de nenos ós que dous fisioterapeutas de CEFINE que colaboran con GALOPÍN puñan en práctica a hipoterapia na finca “As Salgueiras”, de 30 hectáreas, anexionada á sede empresarial.
O director xeral de GALOPÍN destacóu que o departamento de inxeniería e deseño poñerá en marcha diferentes proxectos para diseñar e fabricar bicicletas adaptadas, coches de cabalos para persoas con movilidade reducida e accesorios para a práctica de esquí alpino. Tamén plantexou diversas propostas sobre a práctica de vela adaptada para desenrolar no veleiro Prometeo, propiedade da empresa, ás dúas directivas do Comité Paralímpico Internacional que se desplazaron desde Barcelona para coñecer o programa de hipoterapia de GALOPÍN.
No encontro participou tamén un representante da asociación Camiña Social, coa que GALOPÍN ten firmado un convenio de colaboración para a integración laboral de xóvenes con dificultades de adaptación e representantes de outras entidades da área de influencia da empresa, como Antonio Morán, presidente da Asociación de Discapacitados de Ordes e comarca.