16 de abril de 2015

O Centro Especial de Emprego Aspaber realiza diversas tarefas de mantemento para o Concello de Carballo.

Mediante a adxudicación dun contrato público, Aspaber realizou o repintado de 164 pasos de peóns distribuídos polo casco urbano da localidade debido ao seu deterioro.

Ao mesmo tempo tamén se levou a cabo o pintado da sinalización horizontal de varias zonas de carga e descarga, aparcadoiros de minusválidos, aparcadoiros de motocicletas, vados, etc... e tarefas de substitución de sinais de tráfico tanto na zona urbana como nas zonas rurais.

De forma paralela tamén se realizou a reparación do mobiliario urbano (maceteiros, bancos e papeleiras) deste Concello.

Anualmente o Centro Especial de Emprego Aspaber tamén realiza servizos, que están incluidos dentro do contrato público de limpeza viaria, de limpeza de fontes, lavadoiros e parques infantís tanto da zona urbana como das zonas rurais.


Ligazóns

Imaxes