15 de setembro de 2015

Tras o contrato asinado a pasada semana co Concello de Carballo, no presente curso escolar que botou a andar esta semana, o Centro Especial de Emprego de Aspaber encargarase da limpeza dun novo centro de ensino: o CEIP San Luis Romero de Carballo.

Con este son xa 4 colexios que confían en Aspaber para a súa limpeza: o citado San Luis Romero, Fogar, Bergantiños e Nétoma-Razo, ademais de varias escolas unitarias do Concello e o CRA Ponte da Pedra.


Ligazóns

Imaxes