O CEE ASPABER adhírese ao Pacto Mundial das Nacións Unidas
No 2015 a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos.
Ler máis »Nas rúas de Carballo recóllense cada día 500 máscaras usadas
Nova publicada por La Voz de Galicia – CARBALLO - 24/07/2020
“O Concello apela á responsabilidade para que os veciños as depositen donde deben”
O servizo de limpeza viaria de Carballo recolle cada día do chan unha media de 500 máscaras usadas e unha cantidade aínda superior de luvas. É «incontable», según afirman traballadores de Aspaber, a concesionaria deste servizo. De feito, é tal a cantidade colleitada que, nunha soa semana de recollida selectiva destes produtos, conseguiron encher o colector.
O CEE Aspaber extende o servizo de limpeza viaria ao Concello de Zas a través da hixienización e desinfección de beirarrúas e espazos públicos
O Concello de Zas ven de contratar recentemente os servizos do Centro Especial de Emprego Aspaber para desempeñar a limpeza e desinfección das beirarrúas e espazos públicos dos distintos núcleos do Concello.
Ler máis »Aspaber pasou de 2 a 64 traballadores en vinte anos
Nova publicada por Cristina Viu (La Voz de Galicia – CARBALLO - 09/01/2020)
A limpeza dos edificios públicos de Carballo, os palés da refinería coruñesa de Repsol, as molduras de xeso das tendas de Carolina Herrera ou a reparación dos contedores de Isidro de la Cal son só algúns dos traballos dos que se ocupan os ahora 64 empregados do centro especial de emprego de Aspaber, que acaba de cumplir vinte anos, polos máis de 40 que ten a institución que o acolle, unha asociación de pais de adultos con discapacidade intelectual da comarca de Bergantiños.
Presentación do proxecto de Formación Dual
Onte tivo lugar en Aspaber a presentación do novo proxecto de Formación Dual a través dun programa da Xunta de Galicia, que permite desenvolver colaboracións con 6 Centros Especiais de Emprego, incluído o CEE Aspaber.
A este acto asistiron o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde, a Secretaria Xeral de Emprego Covadonga Toca, o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, así como os alcaldes da Laracha, Malpica, Coristanco, Laxe, un representante do Concello de Ponteceso e edís do BNG, PP e PSOE da Comarca. Tamén estiveron presentes os representantes das outras 5 entidades participantes neste proxecto: San Xerome Emiliani, Aceesca, Juan María, Amicos e Juan XXIII.
O equipo de limpeza viaria do CEE Aspaber informará á hostalería local sobre unha campaña de loita contra as cabichas
Despois da comprobación deste importante problema medioambiental que supoñen as cabichas arroxadas ao chan no casco urbano, desde o Concello de Carballo púxose en marcha unha campaña para eliminalas ou reducir a súa presenza nas rúas.
Deste xeito e baixo o lema “Manteñamos Carballo Limpo”, a próxima semana comezará esta nova campaña de sensibilización, na que o equipo de limpeza viaria do CEE Aspaber repartirá unha carta informativa e uns carteis nos establecementos hostaleiros locais para intentar contar coa súa colaboración nun problema que afecta a todos e a todas.
Once Galicia deu ao Concello de Carballo o premio Integración Laboral pola súa labor social
A Once de Galicia fallóu os premios á solidaridade que convoca cada dous años, co obxetivo de reconocer o traballo das entidades que traballan a favor da integración das personas cegas ou con calquera outra discapacidade.
Ler máis »O equipo de limpeza viaria recolle cada día máis de 7.000 cabichas das rúas do casco urbano
O equipo de limpeza viaria de Carballo varre cada día máis de 7.000 cabichas. Non é que as contásemos, pero grazas ao minucioso labor dos/as traballadores/as de Aspaber UTE puidemos facer un cálculo aproximado. Durante unha semana, o persoal do servizo de limpeza levou no seu carriño unha bolsa extra nas que foron depositando as cabichas que ían varrendo do chan. “Foi moito choio”, aseguraban hoxe, pero grazas a iso podemos ter unha idea moito máis realista do importante problema que representan os restos dos cigarros.
Presentación do equipo do novo servizo de limpeza viaria, adxudicado ao Centro Especial de Emprego Aspaber por 2 anos
O Centro Especial de Emprego Aspaber resultou adxudicatario do servizo de limpeza viaria para os próximos dous anos por un importe de 82.031,49 euros. Francisco Costa, Dolores Fernández e José Luis Villar, en representación de Aspaber, desprazáronse ata Malpica para presentar, xunto co alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández, o equipo humano e técnico da concesión.
Ler máis »O Concello de Malpica asina un contrato por dous anos co Centro Especial de Emprego Aspaber para a limpeza viaria
Despois de gañar recentemente o concurso público para a limpeza viaria do Concello de Malpica, o Centro Especial de Emprego Aspaber asinou o pasado venres na Casa Consistorial o contrato de vinculación co Concello por unha duración de dous anos e posible prórroga por un ano máis.
Ler máis »O concello da Laracha prorroga dous anos máis o contrato de xestión do Punto Limpo e Limpeza Viaria ao CEE Aspaber
O pasado xoves a xunta de goberno local acordou facer efectiva a prórroga de dous anos establecida no contrato inicial asinado aló polo ano 2013 co CEE Aspaber. Este contrato comprende a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do municipio, así como as melloras introducidas polo CEE Aspaber de recollida de voluminosos e papel-cartón a pé de rúa.
Ler máis »Presentación da concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo ao C.E.E. Aspaber
O Centro Especial de Emprego Aspaber presenta os medios técnicos e humanos para o desempeño da limpeza viaria durante os próximos 4 anos.
Ler máis »