ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Memorias

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +
Asamblea Xeral Ordinaria

Presentamos a memoria da Asociación Aspaber correspondente ao ano 2014, marcado sobre todo polos cambios anunciados por parte da Xunta de Galicia en canto á implantación do copagamento.

Ante esta situación intentouse ser prudente, debido á incerteza que supón dita implantación en canto aos índices de ocupación.

En relación ás infraestructuras remodeláronse os baños do Centro Residencial e procediuse ao pintado.

Coa desaparición do servizo de transporte da Xunta 065 que utilizaban usuarios do noso centro, tívose que reformular todo o transporte, creando novas líñas para poder dar servizo a un total de 13 usuarios.

A incerteza descrita non impediu que se puidese cumplir co obxectivo de garantir servizos de calidade e todo iso grazas ao esforzo do persoal, voluntarios, familias e colaboradores.

A continuación pódense ver as memorias anuais da Entidade.


Descargas